jueves, 1 de diciembre de 2022

COMEZAMOS O PROXECTO LUGO-CHÂTEAUROUX: EN ACCIÓN POR UN FUTURO MÁIS SOSTIBLE!

 "Extra! Extra! Read all about it!"

En asociación co Colexio La Fayette de Châteauroux (Francia) o noso proxecto por fin botou a andar, baixo o título de "Extra! Extra! Read all about it!"

Os alumnos serán reporteiros en acción por un futuro máis sostible e crearán en colaboración cos socios franceses unha revista que recollerá todo o seu traballo para transformar o mundo! 

Investigarán sobre os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible recollidos na Axenda 2030, para despois mirar o seu entorno desde unha nova perspectiva:  descubrir os desafíos aos que nos enfrontamos cada día, e logo idear e poñer en marcha un plan de acción para mobilizar conciencias e facer posible o cambio cara un futuro mellor. 

Pero antes de nada os socios deben coñecerse, ter un primeiro contacto. Por iso, a semana pasada os nosos 12 alumnos de 3º e 4º ESO gravaron uns vídeos de presentación que lles enviamos aos colegas franceses. Agora agardamos impacientes coñecelos a eles e xa se nos está facendo longa a espera! 

Se queredes velo, facede click no noso vídeo de presentación!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

LUGO EN PÉRENCHIES

ESTAMOS EN PÉRENCHIES PARA REMATAR O TRABALLO INICIADO EN LUGO! Despois dun longo día de viaxe ata o norte de Francia para atoparnos de novo...