lunes, 25 de septiembre de 2023

MOBILIDADE LUGO-BURDEOS

 

 SEMANA ERASMUS+ EN PESSAC-BURDEOS



A semana do 23 ao 30 de abril foi para este grupo de doce alumnos de 2º e 3º ESO unha experiencia inolvidable. Acompañados por dúas profesoras, acudiron ao centro Jeanne d'Arc Assomption de Pessac, na cidade de  Burdeos, no sur de Francia, para desenvolver un proxecto de colaboración relacionado co pasado celta e romano que compartimos.

Foi unha grata aventura desde o principio: a alegría ao saberse participantes no proxecto Erasmus+, a ilusión por coñecer aos seus correspondentes franceses, os primeiros contactos telemáticos, voar ata a cidade de Burdeos e pasar unha semana acollidos polas familias francesas...  Todo resultou xenial!

Velaquí algunhas das actividades realizadas ao longo da semana:






Acollida e almorzo francés (zumes e croissants) por cortesía da Dirección do Grupo Escolar Jeanne D'Arc.





A continuación fixemos un tour polas instalacións do centro e logo divertímonos con algúns xogos para romper o xeo e coñecernos un pouquiño.


O proxecto a desenvolver en Pessac e despois en Lugo consiste na CREACIÓN DUN VLOG que recollerá todas as actividades e vivencias dos alumnos participantes durante as mobilidades. Por iso, un profesor do centro, experto en novas tecnoloxías e publicidade, deu unha master class coas claves para a gravación e edición de vídeos para o VLOG.


Organizamos aos rapaces en equipos con cadansúa visita/actividade asignada e puxéronse máns á obra! VLOGUEIROS EN ACCIÓN!

 No Musée d'Aquitaine descubrimos os vestixios celtas/gaulois e os restos romanos que compartimos as cidades de Burdeos e Lugo





E no Museo de Vesunna, no Périgeux visitamos unha antiga domus romana e os restos arqueolóxicos atopados na cidade. A igual que ocorre en Lugo, Périgueux construíuse sobre una cidade romana, e conserva baixo os seus edificios innumerables segredos e vestixios que quizáis nunca saian á luz.









A visita estrela foi, sen dúbida, ás Dunes du Pyla, as dunas máis elevadas e grandes do noso continente. Ata alí desplazámonos todos os centros europeos invitados en Pessac durante esta semana internacional Erasmus+. Así compartimos paseo e merenda con xentes francesas, rumanas, italianas ...







Finalmente, quedounos o tour pola cidade de Burdeos, onde fomos descubrindo os máis fermosos recunchos

Monument aux Girondins

Grand Théatre de Bordeaux


Place de la Bourse

E chegou a despedida...no aeroporto houbo abrazos e choros de emoción, pero coa ledicia de saber que en poucas semanas recibiremos aos nosos amigos franceses en Lugo!



AQUÍ VAN ALGÚNS VÍDEO DO VLOG COLABORATIVO:




À BIENTÔT, MES AMIS!


LUGO EN PÉRENCHIES

ESTAMOS EN PÉRENCHIES PARA REMATAR O TRABALLO INICIADO EN LUGO! Despois dun longo día de viaxe ata o norte de Francia para atoparnos de novo...