miércoles, 7 de diciembre de 2022

PROXECTO LUGO-ASPERG EN MARCHA!

FAIRY TALES AS A EUROPEAN CULTURAL HERITAGE

En xuño do curso pasado, a Coordinadora do Proxecto Erasmus do noso centro visitou o Friedrich List Gymnasium de Asperg, Alemaña, para preparar xunto con profesores doutros centros europeos a participación nun proxecto de colaboración, para descubrir os contos de fadas tradicionais propios de cada país pero tamén os que son común herdanza de todos. 


FAIRY TALES AS A EUROPEAN CULTURAL HERITAGE: Este é o título do proxecto que nos levará ao universo dos contos de fadas da nosa infancia e a descubrir que moitos países europeos e do mundo enteiro veñen contando dende hai séculos lendas e historias moi parecidas. 

As nosa alumnas, Elena, Yanira, Noa, Icía e Cinthia, forman o equipo que viaxará a Asperg (Alemaña) coa misión de descubrir esa tradición cultural europea. Alí coincidirán con estudantes alemáns, franceses, portugueses, croatas ... e compartirán historias, forxarán amizades e fortalecerán o espírito europeo.

Como toda empresa, necesitamos un LOGO que nos represente e co que nos sintamos identificados. Así que este equipo creou un marabilloso póster para invitarvos a TODOS e TODAS  a PARTICIPAR no CONCURSO DE LOGOS! 

Podedes facer un logo á man ou ben empregando ferramentas dixitais. O logo gañador acompañaranos  ao longo de todo o proxecto e aparecerá nas nosas publicacións e nos materiais que produza o equipo galego. Ademáis entrará no concurso de logos cos outros países. 

Enviade os vosos logos ao correo monica.rivas@divinomaestrofelugo.com  


Tedes ata o 16 de decembro para entregar as vosas creacións!


Para máis información: Coordinadora Erasmus, Mónica Rivas 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

LUGO EN PÉRENCHIES

ESTAMOS EN PÉRENCHIES PARA REMATAR O TRABALLO INICIADO EN LUGO! Despois dun longo día de viaxe ata o norte de Francia para atoparnos de novo...