miércoles, 7 de diciembre de 2022

PROXECTO LUGO-ASPERG EN MARCHA!

FAIRY TALES AS A EUROPEAN CULTURAL HERITAGE

Este é o título do proxecto que nos levará ao universo dos contos de fadas da nosa infancia e a descubrir que moitos países europeos e do mundo enteiro veñen contando dende hai séculos lendas e historias moi parecidas. 

As nosa alumnas, Elena, Yanira, Noa, Icía e Cinthia, forman o equipo que viaxará a Asperg (Alemaña) coa misión de descubrir esa tradición cultural europea. Alí coincidirán con estudantes alemáns, franceses, portugueses, croatas ... e compartirán historias, forxarán amizades e fortalecerán o espírito europeo.

Como toda empresa, necesitamos un LOGO que nos represente e co que nos sintamos identificados. Así que este equipo creou un marabilloso póster para invitarvos a TODOS e TODAS  a PARTICIPAR no CONCURSO DE LOGOS! 

Podedes facer un logo á man ou ben empregando ferramentas dixitais. O logo gañador acompañaranos  ao longo de todo o proxecto e aparecerá nas nosas publicacións e nos materiais que produza o equipo galego. Ademáis entrará no concurso de logos cos outros países. 

Enviade os vosos logos ao correo monica.rivas@divinomaestrofelugo.com  


Tedes ata o 16 de decembro para entregar as vosas creacións!


Para máis información: Coordinadora Erasmus, Mónica Rivas 


jueves, 1 de diciembre de 2022

COMEZAMOS O PROXECTO LUGO-CHÂTEAUROUX: EN ACCIÓN POR UN FUTURO MÁIS SOSTIBLE!

En asociación co Colexio La Fayette de Châteauroux (Francia) o noso proxecto por fin botou a andar! 

Os alumnos serán reporteiros en acción por un futuro máis sostible e crearán en colaboración cos socios franceses unha revista que recollerá todo o seu traballo para transformar o mundo! 

Investigarán sobre os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible recollidos na Axenda 2030, para despois mirar o seu entorno e descubrir os desafíos aos que nos enfrontamos cada día. O seguinte paso será idear e poñer en marcha un plan de acción para mobilizar conciencias e facer posible o cambio. 

Pero antes de nada os socios deben coñecerse, ter un primeiro contacto. Por iso, a semana pasada os nosos 12 alumnos de 3º e 4º ESO gravaron uns vídeos de presentación que lles enviamos aos colegas franceses. Agora agardamos impacientes coñecelos a eles e xa se nos está facendo longa a espera! 

Se queredes velo, facede click no noso vídeo de presentación!

miércoles, 9 de noviembre de 2022

XA TEMOS CLUB ERASMUS!

Dende o venres pasado quedou oficialmente formado o CLUB ERASMUS do Colexio Divino Maestro de Lugo. 

Os alumnos e alumnas seleccionados para o intercambio europeo Erasmus+ posan así de orgullosos e ilusionados con todo o que os agarda nesta experiencia! Erasmus Plus: abrindo mentes e enriquecendo vidas!






domingo, 23 de octubre de 2022

JOB SHADOWING: PROFESORAS FRANCESAS VISITAN O NOSO COLE

Na semana do 3 ao 8 de outubro Céline Cocud e Sandrine Zébert, profesoras do Collége Sainte Marie de Pérenchies, localidade próxima a Lille, no norte de Francia, visitaron o noso colexio durante unha semana. Aquí puideron observar o noso traballo, especialmente no que se refire a clases de linguas e atención a necesidades de apoio educativo, pero tamén preparamos o que serán futuras mobilidades de alumnado e profesorado entre os dous centros.

 


 

PROXECTO LUGO-ASPERG EN MARCHA!

FAIRY TALES AS A EUROPEAN CULTURAL HERITAGE Este é o título do proxecto que nos levará ao universo dos contos de fadas da nosa infancia e a ...