FAIRY TALES AS A EUROPEAN CULTURAL HERITAGE
En xuño do curso pasado, a Coordinadora do Proxecto Erasmus do noso centro visitou o Friedrich List Gymnasium de Asperg, Alemaña, para preparar xunto con profesores doutros centros europeos a participación nun proxecto de colaboración, para descubrir os contos de fadas tradicionais propios de cada país pero tamén os que son común herdanza de todos.
FAIRY TALES AS A EUROPEAN CULTURAL HERITAGE: Este é o título do proxecto que nos levará ao universo dos contos de fadas da nosa infancia e a descubrir que moitos países europeos e do mundo enteiro veñen contando dende hai séculos lendas e historias moi parecidas.
As nosa alumnas, Elena, Yanira, Noa, Icía e Cinthia, forman o equipo que viaxará a Asperg (Alemaña) coa misión de descubrir esa tradición cultural europea. Alí coincidirán con estudantes alemáns, franceses, portugueses, croatas ... e compartirán historias, forxarán amizades e fortalecerán o espírito europeo.
Como toda empresa, necesitamos un LOGO que nos represente e co que nos sintamos identificados. Así que este equipo creou un marabilloso póster para invitarvos a TODOS e TODAS a PARTICIPAR no CONCURSO DE LOGOS!
Podedes facer un logo á man ou ben empregando ferramentas dixitais. O logo gañador acompañaranos ao longo de todo o proxecto e aparecerá nas nosas publicacións e nos materiais que produza o equipo galego. Ademáis entrará no concurso de logos cos outros países.
Enviade os vosos logos ao correo monica.rivas@divinomaestrofelugo.com
Tedes ata o 16 de decembro para entregar as vosas creacións!
Para máis información: Coordinadora Erasmus, Mónica Rivas