QUERES PARTICIPAR NAS MOBILIDADES ERASMUS+?
Comezamos un novo curso e de novo volvemos ter o apoio financieiro da Unión Europea para iniciar as mobilidades a outros centros escolares de Europa de aquí a final de curso. Non perdas a oportunidade de coñecer xentes, lugares, modos de vida e outras linguas e culturas fóra do teu país. A Unión Europea brinda aos seus mozos e mozas a oportunidade de ENRIQUECER VIDAS e ABRIR MENTES!
Se queres ser un alumno Erasmus+ este curso, le atentamente o proceso de selección e ponte mans á obra.
Atoparás a información no taboleiro Erasmus do cole e a Coordinadora entregará formularios de solicitude de prazas a todos os que queirades participar.
MOBILIDADES ERASMUS+ PROCESO DE SELECCIÓN DE ALUMNADO CURSO 2023-24
Estimadas familias e alumnos/as do CPR PLURILINGÜE DIVINO MAESTRO LUGO:
Este curso colaboramos no programa Erasmus+ en asociación con tres centros europeos:
Friedrich-List-Gymnasium, Asperg (Alemaña) Friedrich-List-Gymnasium Asperg
Groupe Scolaire Jeanne d’Arc Assomption, Pessac (Burdeos, Francia) Jeanne d'arc assomption Pessac / Nouvelle Aquitaine
Collège Sainte Marie, Pérenchies (Lille, Francia) https://www.saintemarieperenchies.fr/
Este programa lévase a cabo coa cofinanciación da Unión Europea que esixe levar a cabo un proceso de selección do alumnado para participar nos proxectos e nas mobilidades, atendendo aos seguintes criterios.
Criterios de selección do alumnado
DE OBRIGADO CUMPRIMENTO:
Ser alumno/a de primeiro/ segundo/ terceiro/ cuarto de ESO no CPR Plurilingüe Divino Maestro Lugo durante o presente curso.
Presentar á COORDINADORA ERASMUS ou en DIRECCIÓN a instancia adxunta dentro do prazo estipulado.
Formar parte do Club Erasmus e demostrar compromiso co proxecto asistindo ás reunións e cumprindo coas tarefas asignadas para o desenvolvemento da actividade.
Ofrecerse como FAMILIA de ACOLLIDA para o alumnado estranxeiro no presente curso 23-24.* De non poder cumprir con este requisito, comunicaráselle á Coordinadora para que se valore a situación.
OS SEGUINTES CRITERIOS SERÁN PUNTUADOS SEGUNDO SE INDICA:
Presentación dunha carta de motivación para participar no proxecto proposto para o seu curso e realizar esta mobilidade. Máximo 4 puntos.
Coñecementos de inglés e actitude cara á aprendizaxe do idioma estranxeiro. Máximo 4 puntos
Valoración do equipo docente da actitude do alumno: puntualidade e asistencia ás clases, actitude de respecto polas normas e as persoas, capacidade de relación, empatía e traballo en equipo. Máximo 4 puntos
Valoración da situación persoal do alumno (socioeconómica, familiar, NEE…) que conleve risco de exclusión. Máximo 2 puntos.
PRAZO DE ENTREGA: ata o venres 27 de outubro de 2023
Atoparás a información no taboleiro Erasmus do cole e a Coordinadora entregará formularios de solicitude de prazas a todos os que queirades participar. Se tés algunha dúbida non dubides en consultar coa Coordinadora.
Agardámoste!